InicioDeportesTito Díaz adianta que Sergi Quintela volveu "para xogar" e viaxará a...

Tito Díaz adianta que Sergi Quintela volveu “para xogar” e viaxará a Madrid

O primeiro adestrador breoganista comentou que Tadija Dragićević está "preparado" para competir, aínda que non "está ao cen por cen de ritmo, pero cada día vai mellor"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tito Díaz, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, adiantou que os pivotes Volodymyr Gerun e Daniel Ochefu “non adestraron” por “golpes no partido contra Unicaja”. “Esperamos recuperalos a ámbolos dous”, comentou.

Sobre Sergi Quintela, reincorporado ao equipo esta semana despois da súa cesión en Força Lleida, afirmou que aporta “frescura”, “enerxía, nivel defensivo, pode defender a calquera xogador exterior, moi rápido e agresivo e xogo en toda pista, é moi rápido, con moi bo manexo de balón”, así como colaborará con “ritmo”. Adiantou que Sergi Quintela volveu “para xogar” e viaxará a Madrid

En canto a Tadija Dragićević, “non está ao cen por cen de ritmo, pero cada vez está mellor”, “el está preparado” e esta mesma semana “axudou moitísimo”.”Se temos lesións dos pivotes si o temos aí preparado”, explicou.

Sobre o Real Madrid, rival este sábado no Wizink Center este sábado ás 18:00 horas, contestou que os breoganistas quererán ser “valentes” e xogar “ben en defensa e en rebote” porque “cada despiste son dez puntos en contra” contra os madridistas.

 

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...