InicioDeportesEloy Jiménez: "Temos que ser máis contundentes na nosa área"

Eloy Jiménez: “Temos que ser máis contundentes na nosa área”

O novo primeiro adestrador de Club Deportivo Lugo incidiu que deben ser "un equipo sólido e compacto", así como "equilibrado" e "curto, que se xunte"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Eloy Jiménez foi presentado coma novo primeiro adestrador de Club Deportivo Lugo até final de tempada despois do cese de Alberto Monteagudo.

Tino Saqués, presidente do club, subliñou que Eloy Jiménez “está acostumado a este tipo de retos” e “de situacións”, así como quedan “sete finais” en referencia ás xornadas pendentes. Saqués explicou que “é un gran motivador”.

Eloy Jiménez afirmou que viu “bastantes partidos” do Lugo. “Gustoume moito o que falei con eles, o potencial deste equipo, creo moito neste equipo”, adiantou. Comentou que deben “potenciar” o que se facía ben. Subliñou que deben ser “máis contundentes” na “área” propia, reivindicou que teñen “potencial ofensivo”, pero “todo parte de ser un equipo sólido e compacto”, “un equipo equilibrado” e “un equipo corto, que se xunte”.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...