InicioSociedadeO cribado masivo de Vilalba detectou cinco positivos entre as 599 probas...

O cribado masivo de Vilalba detectou cinco positivos entre as 599 probas realizadas

Estaban convocadas mil persoas de entre 20 e 30 anos para realizar PCR en saliva.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cribado masivo a asintomáticos realizado a pasada fin de semana en Vilalba documentou cinco novos positivos de coronavirus, segundo concretaron este martes fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Neste municipio realizouse o primeiro cribado de toda a provincia de Lugo con probas PCR en saliva. Estaban convocadas mil persoas de entre 20 e 30 anos, pero finalmente foron 599 as que responderon á invitación do Sergas, cun resultado de cinco positivos (menos do 1%).

A incidencia no concello de Vilalba non deixa de medrar incluso despois de máis de dous meses de peche perimetral e tras varias semanas no nivel máximo de restricións. Cóntanse 115 casos diagnosticados nos últimos catorce días.

Por este motivo, o goberno local informou de que o Sergas aceptou realizar este xoves outro “cribado masivo e voluntario” entre os traballadores do sector servizos. As probas serán este xoves 28 de xaneiro e nelas poderán participar empregados de comercios, supermercados, hostalaría, farmacias, gasolineiras ou salóns de peiteado, entre outros.

RESULTADOS NO VICEDO

O Sergas precisou tamén que das 612 mostras PCR realizadas este domingo no Vicedo, houbo 14 que deron positivo.  O Vicedo conta 35 casos novos nos últimos 14 días, cunha taxa de incidencia acumulada da Covid-19 por riba dos 250 contaxios por 100.000 habitantes.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...