Home Terra Chá Begonte Escapan nun Porsche logo do asalto frustrado a un caixeiro en Begonte

Escapan nun Porsche logo do asalto frustrado a un caixeiro en Begonte

0
Escapan nun Porsche logo do asalto frustrado a un caixeiro en Begonte
Garda Civil | Ministerio do Interior

A Garda Civil de Lugo segue a pista dos autores do asalto frustrado a un caixeiro en Begonte. Os catro asaltantes evadíronse nun vehículo de alta gama, un Porsche, tralo aviso da veciñanza ás forzas da orde.

O intento de roubo na sucursal de Caixa Rural implicou a catro individuos coa faciana tapada e un Porsche que, segundo fontes da investigación, podería ter a matrícula dobrada para evitar a identificación.

Contra as tres da madrugada, a Garda Civil recibiu aviso de que os ladróns tentaban desabolar o caixeiro, empregando con tal fin o deportivo e ferramentas manuais. A chegada do Instituto Armado precipitou a fuxida en dirección Madrid.

Un asalto semellante ao de decembro en Lugo

Os responsables da investigación descoñecen se o feito está relacionado cun evento semellante, acontecido a comezos de decembro de 2018. Naquela ocasión, outros catro individuos tentaron roubar na oficina de Caixa Rural de Montero Ríos, na capital lucense. Os encapuchados accederan ao interior da sucursal, mais, no intre en que soou a alarma, decidiron marchar do lugar.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here