InicioMedioambiente e PatrimonioPiden explicacións á Xunta polas batidas contra lobos en Vilalba e Abadín

Piden explicacións á Xunta polas batidas contra lobos en Vilalba e Abadín

A asociación animalista Acopo Fauna esixe ao goberno galego que xustifique e supervise os abatementos autorizados de lobos na Chaira

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Acopo Fauna solicitará á Xunta explicacións pola autorización de batidas para matar lobos en Vilalba e Abadín. O colectivo a prol dos animais resposta así ás recentes saídas notificadas nestes concellos chairegos, toda vez que o número de abatementos é descoñecido.

Nesta liña, esixirán información á Dirección Xeral de Patrimonio Natural para saber cantas batidas foron autorizadas, así como as razóns que xustificaron esta medida extrema contra a poboación de lobos na Terra Chá. Dende Acopo Fauna lembran que a conservación da especie é un consenso social que debe primar sobre os intereses de gandeiros ou cazadores.

Ademais, os animalistas explican que está demostrado que o abatemento de lobos pode ser contraproducente. As mortes de exemplares deste cánido salvaxe poden desestruturar os grupos familiares e desencadear danos agravados ao gando. Neste senso, as batidas serían unicamente unha medida popular, malia a súa ineficacia.

Por estes motivos, Acopo Fauna pide á Xunta información acerca do dano xerado nas explotacións gandeiras, se as instalacións afectadas contaban coas preceptivas medidas de seguridade, e se os administradores actuaron de xeito responsable.

Tamén esixirán cuantificar o número de batidas organizadas e cantas máis contan con autorización, cantos lobos foron designados para a súa eliminación, e cal foi a supervisión por parte dos funcionarios dos organismos autonómicos indicados para estas tarefas.

“Matar lobos non é unha solución para a gandería galega”, explican nesta asociación. “Os lobos non teñen que adaptarse a nós, somos nós os que debemos adaptarnos”.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...