InicioMedioambiente e PatrimonioGandeiros piden máis batidas contra o lobo polo 'desamparo' da Xunta

Gandeiros piden máis batidas contra o lobo polo ‘desamparo’ da Xunta

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes denuncia que do Plan de Xestión do Lobo só se executa a parte vencellada aos pagos por danos

PUBLICADA O

- Advertisement -

GALICIA CONFIDENCIAL | Os datos da Consellería de Medio Ambiente confirman un ascenso brutal dos danos que os lobos causan á gandería, pero este aumento non se ten traducido en medidas preventivas por parte da Xunta. Unha falta de apoio por parte do Goberno galego que, segundo a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, provoca que os gandeiros soliciten batidas que “non teñen efecto sobre os ataques”.

Denuncian que no último ano a situación do lobo “se está tornando insostible” e que cómpre reler o Plan de Xestión do Lobo, xa que de todas as medidas que alí se describen só únicamente se levan a cabo os pagos por danos. A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes advirte que, aínda que do 2015 ao 2017 duplicáronse o número de animais mortos polo lobo, a Consellería do Medio Ambiente “esquiva toda responsabilidade” e segue sen “pór solucións sobre a mesa”.

Porque no Plan de Xestión establécense unha serie de medidas de acompañamento, asesoramento e divulgación tanto do lobo como especie como das medidas que se deben tomar para unha correcta convivencia e a Xunta “deixa absolutamente desamparado ao sector gandeiro“. E o sector gandeiro “brama por respostas e atención xa que o que está protexido por lei é o lobo e non a gandería”. Ademais, a SGPF denuncia que as convocatorias de axudas ás medidas preventivas fixéronse “sen planificación algunha, sen avisar ao sector e cuns prazos de xustificación ridículos”.

Así, sosteñen que “non é de estrañar que neste contexto se soliciten batidas como a de Vilalba na pasada semana“. Que estas batidas se deben entender como “unha medida desesperada, unha chamada de auxilio”. Porque a “a presenza do lobo no 94 % do territorio galego fai que non poidamos falar de ‘casos illados’ ou de ‘zonas conflitivas'”, e é necesario dispoñer un plan de traballo axeitado “sen deixar de lado o traballo das asociacións gandeiras”. Reclaman poñer sobre a mesa “as actuacións necesarias” e “urxentemente polo ben da gandería, do lobo e do rural galego”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Asociación Veciñal As Carballeiras exixe a reparación urxente de dúas marquesiñas de autobús en Lugo

A Asociación Veciñal As Carballeiras fixo pública a súa denuncia polo mal estado no...

Orzamento de 400.000 euros da Deputación para mellora de estradas e impulso do rural

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou nesta xornada novos investimentos por...

A Deputación de Lugo licitará o proxecto de ampliación do Pazo dos Deportes sen ter aínda pechado o financiamento

A Deputación de Lugo iniciará os trámites para contratar a redacción do proxecto de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa...