InicioSucesosUn camioneiro resulta ferido de gravidade tras envorcar o vehículo na Fonsagrada

Un camioneiro resulta ferido de gravidade tras envorcar o vehículo na Fonsagrada

Foi mobilizado un helicóptero medicalizado para trasladar a vítima, que quedou atrapada na cabina.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido de gravidade ao envorcar o camión cargado de madeira que conducía no municipio da Fonsagrada. O 112 informou de que foi mobilizado un helicóptero medicalizado para trasladar o condutor.

Segundo a información que manexa o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE), o accidente produciuse ás 11:05 horas na estrada LU-530, ao seu paso polo concello fonsagradino.

Os primeiros en chegar ao lugar do sinistro foron efectivos de Protección Civil da localidade, quen confirmaron que o condutor estaba atrapado na cabina do vehículo pesado, aínda que se atopaba consciente.

Para rescatar a vítima, ademais de dar aviso á Garda Civil de Tráfico e ao 061, foron mobilizados os Bombeiros de Sarria.  Persoal do 061, segundo informou o 112, xa se atopa no lugar do sinistro, aínda que se espera a chegada do helicóptero medicalizado, que foi mobilizado para trasladar de urxencia ao ferido.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...