InicioSucesosUnha discusión entre compañeiros de piso acaba cun deles ferido por unha...

Unha discusión entre compañeiros de piso acaba cun deles ferido por unha coitelada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) detiveron a un veciño de Lugo, de 54 anos de idade como investigado por un suposto delito de lesións graves, dado que é sospeitoso de apuñalar no brazo a un compañeiro de piso, despois dunha discusión que acabou cunha violenta pelexa entre ambos.

Segundo informou a propia Policía Nacional, os feitos sucederon este xoves, sobre as nove da noite, cando dous homes presentáronse na Comisaría Provincial de Lugo, un “sangrando abundantemente pola boca e outro polo brazo dereito”.

Solicitouse de inmediato asistencia médica para ambos e, cando finalmente os axentes puideron falar por separado con cada un deles, o home que presentaba a ferida no brazo dereito explicoulles que o seu compañeiro o apuñalou cun coitelo.

Do testemuño de ambos, os axentes sacaron a conclusión de que os dous se pelexaron no domicilio que ambos compartían e o agresor saíu correndo da vivenda detrás do seu compañeiro cun coitelo na man.

Un axente realizou o mesmo traxecto andando para buscar a arma utilizada e conseguiu atopar un coitelo con restos de sangue no interior dunha papeleira na rúaConcepción Arenal, que aparentemente foi o utilizado polo suposto agresor.

No domicilio de ambos, onde viven outros dous homes, os axentes falaron con outro dos seus compañeiros de piso, quen dixo non ver a pelexa. Tras recibir atención médica, o autor da puñalada foi detido, aínda que a investigación segue aberta para determinar as circunstancias da pelexa e á espera de que sexan avaliadas as lesións que presentaba na boca o arrestado, que pasará a disposición xudicial nas próximas horas.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...