InicioSucesosLonga persecución policial no polígono das Gándaras, onde un rapaz circulaba a...

Longa persecución policial no polígono das Gándaras, onde un rapaz circulaba a 140 km/h

A Policía Local artellou un dispositivo de seguridade especial logo de ter coñecemento dunha 'kedada' de vehículos na noite do pasado venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O polígono das Gándaras é un lugar de encontro habitual de persoas afeccionadas ao automobilismo que non sempre respectan as normas de seguridade viaria. De feito, en Lugo non nos son alleas as as noticias sobre carreiras ilegais nas rúas deste polígono empresarial. O último incidente foi este mesmo fin de semana, cando a Polícia Local perseguiu un rapaz que conducía a máis de 140 quilómetros por hora.

O venres 19 de xullo, ás 23:30 horas, estaba prevista no polígono unha ‘kedada’ de vehículos que levaba por nome ‘KDD Multimarca’. A Xefatura da Policía Local tivo coñecemento desta cita a través das redes sociais e, co fin de garantir a seguridade viaria e a tranquilidade dos cidadáns, puxeron en marcha un dispositivo especial para esa noite. Nel participaron axentes do Grupo Operativo Nocturno da División Territorial da Policía de Barrio e efectivos da Unidade de Atestados deste corpo.

Os axentes empregaron coches patrulla camuflados e rotulados. Así, controlaron medio centenar de vehículos e formularon denuncias por carencia de Seguro Obligatorio e caducidade de ITV. Ademais,  sobre as 0.45 horas detectaron un turismo que circulaba a unha velocidade moi elevada e que ía facendo manobras de zig-zag.  Era unha “condución claramente temeraria e con risco para a integridade física das persoas que viaxaban no seu interior, do resto de condutores e dos peóns que cruzaban a calzada fronte a unha discoteca situada na zona”, explican dende a Policía Local.

Co fin de identificar o seu condutor procedeuse a darlle o alto coas luces do vehículo dos axentes. Lonxe de deterse, o condutor fixo caso omiso e aumentou aínda máis a velocidade, de forma que chegou a exceder os 140 km/h. Despois dunha longa persecución polas rúas do polígono industrial foi detido en Camiño do Souto, onde é identificado como M.C.B, veciño do Corgo, nacido no ano 1995.

Contra o condutor instrúense dilixencias para o Xulgado de Garda na modalidade de Xuízo Rápido, como investigado nun delito contra a seguridade viaria por condución temeraria pondo en concreto perigo a integridade das persoas.

 

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...