InicioSociedadeBaixan os hospitalizados pero soben os casos activos de covid na provincia

Baixan os hospitalizados pero soben os casos activos de covid na provincia

Este sábado houbo 20 novos contaxiados na área sanitaria Lugo-Mariña-Monforte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia sufriu nas últimas horas un incremento da presión hospitalaria ao aumentar a 258 os pacientes ingresados con covid-19, o que implica seis máis que a xornada anterior. Con todo, os casos activos continúan coa súa tendencia descendente, ata os 2.563 –seguen a niveis de finais de agosto–, mentres que os novos contaxios detectados a través de distintas probas baixaron a 161, case unha trintena menos.

Segundo os datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do venres, os pacientes de coronavirus que permanecen en unidades convencionais de hospitalización subiron ata o 205 –oito máis–, aínda que os que están en unidades de coidados intensivos (UCI) descenderon a 53 –dous menos–.

Con todo, a presión hospitalaria descendeu na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, ata os 18 (-1), tres deles na UCI (-1).

MENOS CASOS ACTIVOS E MENOS CONTAXIOS

Os casos activos de covid-19 volveron a descender en Galicia lixeiramente ata os 2.563, o que supón 12 menos que a xornada anterior, pero subiron, de novo, en Lugo-A Mariña-Monforte, ata os 216 (+6).

En canto aos novos contaxios detectados con calquera tipo de proba que suma o Sergas aos seus datos actualizados, sitúanse en 161, dos que 20 foron en Lugo-A Mariña-Monforte.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...