InicioSociedadeO gromo de Vilalba dispara os casos diarios da provincia: 167 novos...

O gromo de Vilalba dispara os casos diarios da provincia: 167 novos positivos

É a cifra máis elevada de toda a pandemia na área sanitaria lucense. O dato positivo é que se reduce a presión hospitalaria na Mariña e en Monforte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O gromo da residencia de Vilalba, con 132 positivos entre traballadores e usuarios, disparou a cifra de casos diarios de coronavirus en Lugo, que hoxe alcanza un récord ao rexistrar 167 novos positivos. É o dato máis elevado dende o inicio da pandemia. Do mesmo xeito, tamén soben os casos activos ata os 1.194 (122 máis ca no día de onte).

Non obstante, percíbese unha baixada na presión hospitalaria, con 47 persoas ingresadas (tres menos). O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 29 pacientes en planta e cinco na UCI; o da Mariña coida de 8; e o de Monforte, de 5.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 115 falecementos relacionados coa pandemia. Ademais, ata o momento curáronse 4.466 pacientes e fixéronse 95.854 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 845 probas.

GALICIA

No conxunto galego, os casos de Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas aumentan a 685 e os casos activos sitúanse en 9.086. Sanidade indica que a positividade das PCR realizadas sobe ata o 12,2% e todas as áreas sanitarias continúan por enriba do 5% que marca a OMS.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...