InicioSociedadeFalece unha muller con coronavirus que estaba ingresada na UCI do HULA

Falece unha muller con coronavirus que estaba ingresada na UCI do HULA

O total de vítimas mortais da pandemia elévase a 28 na provincia de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 76 anos que fora diagnosticada por coronavirus e que estaba ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) faleceu este martes. Convértese na vítima número 28 da pandemia na provincia de Lugo tras case un mes sen rexistrarse falecementos por este motivo.

Esta septuaxenaria era a única paciente con COVID-19 que estaba a ser atendida na Unidade de Coidados Intensivos do hospital lucense. Presentaba patoloxías previas.

No conxunto galego, a cifra de vítimas mortais elévase a 617 tras a morte desta muller, segundo confirma a Consellería de Sanidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...