InicioLugo e contornaLugoPilar de Lara disposta a chegar ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos

Pilar de Lara disposta a chegar ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos

O seu avogado di que o Consello Xeral do Poder Xudicial recoñeceu durante varios anos que existían moitos atrasos nas causas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, está disposta a chegar ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos se se confirma a sanción de sete meses e un día sen emprego e soldo, que implica perdida de destino, que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) por falta moi grave en canto a “desatención e atrasos inxustificados” nas instrucións que leva.

O avogado da xuíza De Lara, Agustín Azparren, adiantou que o vindeiro luns –o domingo vencía o prazo para reclamar– vai presentar o recurso á sanción ante o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial.

A partir de aí, sinalou, que haberá que descontar tres meses, que é máis ou menos “o prazo” para que se responda á devandita apelación, aínda que, “segundo os casos, pode tardar un pouco máis”, aclarou o letrado.

Azparren avanzou que “o seguinte paso, se o pleno confirma a sanción ou mantivese unha inferior, pois o seguinte paso sería ir ao Supremo”. “Mesmo agora en materia disciplinaria e xa pasou en Portugal, cun caso similar, mesmo se pode chegar ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, ata esa vía queda aberta”, manifestou.

En canto ao recurso, o letrado avanzou que vai reproducir ” os argumentos que xa existían, resumilos e deixalos con maior claridade para comprobar que, efectivamente, que o que se sinala como problemas do xulgado, de atrasos, non son consecuencia dunha conduta do maxistrado nin moito menos dunha desatención”.

Agustín Azparren lembrou que “na inspección do Consello Xeral do Poder Xudicial durante varios anos sempre sinalou que existían moitos atrasos, fíxoo no ano 2013, en 2014 e no 2015 iniciouse o seguimento“.

“Como a propia inspección do Consello como consecuencia da inspección extraordinaria polo que se inicia o expediente, sempre se sinalaron os atrasos e os problemas do xulgado como os ten agora, pero sempre salvara a dedicación do maxistrado e iso é incompatible con condutas que signifiquen desatención, desidia ou abandono”, incidiu.

A xuíza Pilar de Lara, que se atopa de baixa, xa estaba a apurar algunhas das macrocausas que leva, como a ‘Pokémon’ sobre corrupción política, ou a ‘Carioca’, sobre redes de prostitución en Lugo. Ademais asumiu a causa sobre ‘O Garañón’, construción que se sitúa aos pés do parque Rosalía de Castro.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...

Detido por explotar e ter en condicións infrahumanas a un traballador estranxeiro

A Policía Nacional da Comisaría de Lugo detivo a un home como suposto autor...