InicioPolíticaOs fondos das residencias, liña vermella do PP para apoiar as contas...

Os fondos das residencias, liña vermella do PP para apoiar as contas provinciais

Os populares condicionan o voto ao proxecto orzamentario que a Deputación levará ao pleno de novembro a incluír partidas para acordos plenarios pendentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular condicionará o seu apoio aos orzamentos da Deputación a que sexan incluídas as partidas para os acordos plenarios pendentes. O grupo liderado por Elena Candia fará énfase nas contías necesarias para abrir e xestionar todas as residencias da terceira idade xa rematadas.

Este asunto será a liña vermella dos populares. En concreto, a formación conservadora pedirá que a Deputación asegure o financiamento para a apertura do centro de maiores de Castroverde –que a autoridade provincial foi obrigada a devolver ao Concello–, así como a subvención das residencias de Sarria e Palas de Rei.

Entre outras cuestións, o grupo popular acordou, xunto ao deputado non adscrito Manuel Martínez, que a Deputación se faga cargo do das residencias de titularidade municipal da provincia de Lugo –sempre e cando os órganos soberanos de cada concello así o ratifiquen–, achegando os mesmos fondos que adica ao resto de centros da terceira idade construídos pola autoridade provincial vía convenio.

Lamentan o escaso marxe para negociar

Dende o Partido Popular din que manterán a responsabilidade como grupo maioritario, pero lamentan que o goberno provincial presentara antes o proxecto orzamentario á prensa que aos grupos con representación no pleno, algo que, consideran, só pode crear enfrontamento. Así, din que aínda non puideron facer unha análise pormenorizada do documento remitido, e que carecen do borrador das contas, e que por iso fixan os puntos esenciais dun eventual acordo.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...