InicioAncaresCiudadanos estrea grupo local en Becerreá para traballar "cunha proxección que abarca...

Ciudadanos estrea grupo local en Becerreá para traballar “cunha proxección que abarca toda a montaña lucense”

Aspira a converterse "no referente político para todos aqueles cidadáns da comarca que teñan un pensamento de centro".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Casa da Cultura de Becerreá acolleu este martes a presentación do grupo local de Cidadáns neste municipio, que pretende desenvolver a súa actividade “cunha proxección que abarca toda a montaña lucense”.

Segundo informa a formación laranxa, no acto, ao que asistiron varios veciños da zona, participaron o secretario de Organización de Ciudadanos en Galicia, Laureano Bermejo; a cabeza de lista ao Congreso pola provincia, José Manuel Blanco; e o coordinador da agrupación de Lugo, Jacobo Vázquez.

Así, este novo grupo local aspira a converterse “no referente político para todos aqueles cidadáns da comarca que teñan un pensamento de centro e aspiren a mellorar esta zona tradicionalmente esquecida” por parte das administracións.

O equipo de traballo presentado este martes está composto, entre outros, por Alberto Carreras, que se encargará da coordinación do traballo en distintas áreas.

Carreras é un veterinario de profesión que leva exercendo a profesión desde 1988 na comarca. Foi presidente da asociación de empresarios de Becerreá durante catro anos e presidente do Plan de Desenvolvemento LEADER interregional durante outro tres, segundo informa o partido.

+ posts

ÚLTIMAS

Celtica Pipes Rock! e Grimorium súmanse á música do Arde Lucus xunto a Abraham Cupeiro

Celtica Pipes Rock! e Grimorium incorporáronse á programación musical do Arde Lucus xunto a...

Miguel Fernández lembra que o parque canino foi “arrincado” á Xunta polo anterior goberno local de Lugo

  O portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, denunciou hoxe...

Convocadas 17 prazas de bombeiro pola vía de urxencia no Concello de Lugo

A Xunta de Goberno Local extraordinaria e urxente celebrada este venres no Concello de...

Combater a desinformación: Deputación e CPXG impulsan 20 obradoiros en concellos da provincia

  A Deputación de Lugo e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poñerán en...