InicioLugo e contornaLugoConvocadas 17 prazas de bombeiro pola vía de urxencia no Concello de...

Convocadas 17 prazas de bombeiro pola vía de urxencia no Concello de Lugo

A alcaldesa recoñeceu que se está producindo unha substitución xeracional entre os traballadores municipais, pero acusa o equipo de Goberno saínte de deixar desmantelados servizos como o de augas ao non facer os axustes necesarios na RPT e non axilizar as contratacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local extraordinaria e urxente celebrada este venres no Concello de Lugo aprobou distintos acordos destinados a reforzar os servizos municipais e avanzar na cobertura de persoal. Entre as principais medidas adoptadas figura a aprobación das bases específicas para cubrir en propiedade 17 prazas de bombeiro condutor correspondentes ás ofertas de emprego público dos anos 2023, 2024 e 2025, “que estaba a piques de caducar sen tramitar”, como explicou a alcaldesa, Elena Candia.

O goberno local considera “prioritaria” a tramitación destas prazas para evitar a súa caducidade e garantir a incorporación de novos efectivos a un servizo considerado esencial para a cidade “e que se atopa escaso de efectivos”, aclarou. “Temos os mesmos traballadores con cen mil habitantes que os que tiñamos con 80.000, o que obriga a pagar horas extras para cubrir o mínimo de efectivos que se necesitan en cada quenda”, explicou Candia.

En materia de seguridade, tamén se deu luz verde ás bases para a cobertura de catro prazas de Policía Local por quenda de mobilidade, incluídas na Oferta de Emprego Público de 2025. Ademais, o executivo municipal aprobou a Oferta Público de Emprego sectorial da Policía Local para o ano 2026, co obxectivo de continuar reforzando o persoal do corpo.

O goberno local lembra que distintos departamentos municipais arrastran problemas de falta de persoal, polo que considera necesario acelerar a tramitación de convocatorias pendentes e avanzar na cobertura de vacantes. Neste sentido, subliña o traballo realizado nas últimas semanas para desbloquear expedientes e evitar que algunhas prazas incluídas en anteriores ofertas de emprego público perdesen vixencia por atrasos administrativos.

Antes da Xunta de Goberno houbo tamén reunión da Mesa de Negociación, a segunda desde a toma de posesión, onde Candia atopou o acordo dos traballadores “sen ningún voto en contra, porque é urxente a convocatoria do 23 e porque son urxentes as necesidades de persoal”, aclarou.

A alcaldesa recoñeceu que se está producindo unha substitución xeracional entre os traballadores municipais, pero acusa o equipo de Goberno saínte de deixar desmantelados servizos como o de augas ao non facer os axustes necesarios na RPT e non axilizar as contratacións.

“O primeiro que imos facer é executar as sentenzas que son firmes e que seguen sen executarse, como o caso do 010, e tamén arranxar os contratos da banda e a escola de música, un servizo que desapareceu por culpa dun problema de persoal”, explicou a alcaldesa. Tamén asegurou que se está aproveitando o traballo feito ata agora “para avanzar, porque en materia de persoal estaba a empezarse de cero cada vez que o collía unha persoa e iso está a repercutir nos lucenses”.

OUTROS ASUNTOS APROBADOS EN XUNTA DE GOBERNO

Durante a sesión tamén se acordou a designación dos integrantes do comité de selección do Obradoiro Dual de Emprego Officium Curantis, así como a fixación das datas para as probas selectivas do programa, orientado a formación e emprego.

No ámbito social e sanitario, a Xunta de Goberno Local aprobou ademais o novo Plan Municipal de Adiccións 2026-2030, que servirá como folla de ruta para as políticas de prevención, sensibilización e intervención fronte ás adiccións durante os próximos anos. O anterior documento finalizara a súa vixencia a finais de 2025, polo que a súa renovación era necesaria para dar continuidade ás actuacións municipais nesta materia.

Desde o executivo municipal destacan que os acordos adoptados permiten avanzar na mellora dos servizos públicos, reforzar a estrutura de persoal do Concello e actualizar ferramentas de planificación adaptadas ás necesidades actuais da cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Celtica Pipes Rock! e Grimorium súmanse á música do Arde Lucus xunto a Abraham Cupeiro

Celtica Pipes Rock! e Grimorium incorporáronse á programación musical do Arde Lucus xunto a...

Miguel Fernández lembra que o parque canino foi “arrincado” á Xunta polo anterior goberno local de Lugo

  O portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, denunciou hoxe...

Combater a desinformación: Deputación e CPXG impulsan 20 obradoiros en concellos da provincia

  A Deputación de Lugo e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poñerán en...

O Pleno de Lugo aproba iniciar o expediente de nomeamento de Xoán Montes como fillo predilecto

  O Pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade unha proposta que impulsou...