InicioEconomíaCortes na A-6 desde o luns pola renovación das instalacións eléctricas do...

Cortes na A-6 desde o luns pola renovación das instalacións eléctricas do túnel de Neira

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable renovará e mellorará as instalacións eléctricas do túnel de Neira na A-6, en Lugo, para o que serán necesarios diversos cortes na autovía desde o vindeiro luns.

Tal e como trasladou o Goberno Estatal nunha nota de prensa, para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, interromperase a circulación entre os quilómetros 456, ligazón de Becerreá/Cereixal, e 469, ligazón de Sobrado/Baralla.

Concretamente, os cortes comezarán o luns, 1 de xuño, ás 8.00 horas, e alongaranse ata as 13.00 horas do venres, 5 de xuño, afectando á calzada con sentido Madrid.

Así mesmo, volveranse a producir ás 8.00 horas do luns seguinte, 8 de xuño e ata as 13.00 horas do venres 12 de xuño, en sentido A Coruña. En ambos os casos habilitaranse desvíos alternativos pola N-6, debidamente sinalizados.

+ posts

ÚLTIMAS

Javier Arias asume Urbanismo en Lugo para desbloquear licenzas e reforzar unha área “estratéxica”

O Goberno local de Lugo deu conta este venres do nomeamento de Javier Arias...

Identifican o agresor sexual dunha nena na cidade de Lugo en 2019

A Policía Nacional de Lugo informou do esclarecemento dun caso de agresión sexual cometida...

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a...

A Policía Nacional investiga seis roubos en vehículos estacionados nunha rúa de Lugo

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer seis roubos rexistrados en...