InicioEconomíaCCOO chama á unidade sindical para negociar o convenio do comercio de...

CCOO chama á unidade sindical para negociar o convenio do comercio de alimentación en Lugo

A Federación de Servizos de CC.OO. Galicia fixo un chamamento ao resto de organizacións sindicais con representación no sector do comercio de alimentación da provincia de Lugo para "impulsar, de maneira conxunta", a apertura da mesa negociadora do convenio colectivo, que está vencido desde o pasado mes de xaneiro de 2026.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Servizos de CCOO Galicia fixo un chamamento ao resto de organizacións sindicais con representación no sector do comercio de alimentación da provincia de Lugo para “impulsar, de xeito conxunto”, a apertura da mesa negociadora do convenio colectivo, que está vencido desde o pasado mes de xaneiro de 2026. Nun comunicado, CCOO sinala que considera urxente iniciar canto antes este proceso para actualizar as condicións laborais e salariais das persoas traballadoras do sector. A organización subliña “a necesidade imperiosa” de reforzar os dereitos laborais nun eido que define como “esencial” para a economía e o consumo de toda a provincia.

Neste sentido, o sindicato trasladou formalmente a UGT e CIG —as organizacións con maior representatividade no sector— a súa “total disposición a traballar desde a unidade sindical”. “O diálogo e a coordinación entre as distintas organizacións sindicais son fundamentais para fortalecer a capacidade de negociación fronte á patronal e favorecer avances efectivos”, aseguran desde Comisións Obreiras. CCOO insiste así na importancia de artellar unha fronte sindical común que permita abordar a negociación do novo convenio con garantías e avanzar na mellora das condicións laborais dun sector clave na provincia de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...