InicioCulturaCeltica Pipes Rock! e Grimorium súmanse á música do Arde Lucus xunto...

Celtica Pipes Rock! e Grimorium súmanse á música do Arde Lucus xunto a Abraham Cupeiro

A alcaldesa Elena Candia e o concelleiro Damián Carballo avanzan as novidades da 25ª edición, que incluirá unha terceira sesión nocturna no circo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Celtica Pipes Rock! e Grimorium incorporáronse á programación musical do Arde Lucus xunto a Abraham Cupeiro, mentres que o Circo Romano ampliará a súa oferta cunha terceira sesión nocturna. Coincidindo coa conta atrás para o Arde Lucus, a alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Infancia e Xuventude, Damián Carballo, avanzaron este sábado algunha das novidades da 25ª edición deste evento, que este ano se celebra baixo o nome Arde Lucus Argenteus.

A presentación realizouse xunto aos representantes das asociacións de recreación histórica. Entre as principais novidades destaca o reforzo da programación musical, con actuacións que se unirán ao concerto xa anunciado de Abraham Cupeiro na praza de Santa María. Así, tal e como indicou o Concello nun comunicado, o Arde Lucus Argenteus contará coa actuación de Celtica Pipes Rock!, unha das bandas europeas máis recoñecidas na fusión da música celta co rock e o metal sinfónico.

A programación musical completarase coa participación de Grimorium, compañía especializada en música fantástico-medieval e recreación histórica, que ofrecerá un concerto en directo inspirado na tradición medieval e fantástica. Outra das novidades será que o circo romano pasará a contar con tres sesións: unha función de tarde, unha específica para público infantil e unha sesión nocturna. Durante o acto, conforme indicou o Consistorio, a alcaldesa puxo en valor o papel “esencial” das asociacións na evolución do Arde Lucus.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...