InicioLugo e contornaLugoMiguel Fernández lembra que o parque canino foi "arrincado" á Xunta polo...

Miguel Fernández lembra que o parque canino foi “arrincado” á Xunta polo anterior goberno local de Lugo

O portavoz socialista lembra que o proxecto foi anunciado polo Concello en febreiro de 2025 tras as negociacións impulsadas por Paula Alvarellos e Miguel Fernández co presidente Rueda

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, denunciou hoxe que o anuncio realizado polo Goberno local de Elena Candia sobre o futuro parque canino de Fontiñas responde en realidade a “un compromiso arrancado á Xunta polo anterior Executivo municipal” e acusou á actual alcaldesa de “intentar rentabilizar e apropiarse dunha xestión que non lle pertence”.

Fernández lembrou que esta actuación foi comprometida pola Xunta de Galicia co Concello de Lugo no marco das negociacións abertas polo anterior Goberno local para mellorar as dotacións e os servizos no barrio de Fontiñas. “Foi Paula Alvarellos como alcaldesa, e eu mesmo como responsable da área de Transición Ecolóxica, quen impulsamos este acordo e quen logramos que a Xunta asumise este compromiso coa cidade”, sinalou.

O portavoz socialista incidiu ademais en que o propio Concello informou publicamente deste proxecto na última semana de febreiro de 2025, polo que considera “especialmente chamativo” que agora Elena Candia “pretenda presentar como propio un proxecto que xa estaba comprometido, anunciado e encamiñado polo anterior Goberno”.

“Nós escoitamos durante meses a señora Candia repetir que Lugo estaba bloqueado para xustificar unha moción de censura. E resulta que agora o principal aval da súa xestión consiste precisamente en anunciar proxectos, acordos e compromisos que deixou feitos o anterior alcalde”, ironizou Miguel Fernández.

O portavoz municipal socialista acusou á alcaldesa de “vivir politicamente da herdanza recibida” mentres “intenta borrar deliberadamente o traballo realizado polo anterior Executivo municipal”. “O problema é que os feitos son teimudos e a veciñanza sabe perfectamente quen impulsou cada proxecto e quen traballou para desbloquear investimentos para Lugo”, engadiu.

Fernández puxo ademais en valor a importancia de Fontiñas para o Grupo Municipal Socialista, destacando que se trata dun barrio “estratéxico e prioritario” para o anterior Goberno local, tanto pola súa dimensión social como pola necesidade de seguir mellorando os seus espazos públicos e a súa mobilidade.

Neste sentido, reclamou á Xunta de Galicia que cumpra tamén cos compromisos aínda pendentes co barrio, especialmente no relativo á mobilidade, ao desbloqueo da conexión da avenida Vila Verde e ás solucións comprometidas para os problemas de circulación e aparcamento da zona.

“Existe unha débeda pendente de cumprimento por parte da Xunta con Fontiñas. O propio Alfonso Rueda comprometeuse primeiro con Paula Alvarellos como alcaldesa e posteriormente comigo mesmo a avanzar nunha solución seria para os problemas de mobilidade e estacionamento do barrio. Iso é o que esperamos que se materialice canto antes, máis alá dos anuncios e das fotografías”, concluíu Miguel Fernández.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...