InicioSociedadeCinco condenados por planificar no Corgo a importación de media tonelada de...

Cinco condenados por planificar no Corgo a importación de media tonelada de cocaína

A Audiencia de Lugo estabelece condenas de 9 a 11 anos por introducir no país cocaína por un valor estimado de 17,8 millóns de euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco persoas importar desde Ecuador a Galicia media tonelada de cocaína. O tribunal impuxo catro penas de nove anos de cadea por delitos de tráfico de drogas, coa atenuante de dilacións indebidas, nove anos de cárcere e unha multa de 70 millóns de euros. O quinto acusado foi condenado a abonar a mesma multa e a once anos de prisión, pola agravante de reincidencia.

A cocaína introducida en contedores a través do porto de Marín foi taxada pericialmente en 17,8 millóns de euros. Os xuíces consideran probado que os sospeitosos mantiveron contactos e reunións no Corgo e Madrid co obxecto de introducir a droga camuflada como peixe conxelado.

Así, segundo consta na sentenza, simularon operacións comerciais que tiñan por obxecto a importación do peixe conxelado a través da empresa da que era administrador único un dos acusados. A cocaína foi localizada en setembro de 2010 no porto de Marín, a onde chegou en separada en dous contedores transportados por un buque de mercadoría procedente de Ecuador.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...