InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación reivindica no Foro do Camiño as variantes Rexia e Künig

A Deputación reivindica no Foro do Camiño as variantes Rexia e Künig

O organismo provincial reivindica o papel de Elías Valiña como nexo de 800 quilómetros de rutas xacobeas lucenses no FAIRWAY, III Forum do Camiño de Santiago

PUBLICADA O

- Advertisement -

Con motivo do Fairway, o III Forum do Camiño de Santiago, a Deputación trasladou a importancia da provincia de Lugo no sacro percorrido. O deputado de Turismo, Eduardo Vidal, incidiu en tres vectores: os 800 quilómetros de rutas xacobeas lucenses, a importancia de Elías Valiña como referente académico, e as tres variantes que aspiran a un recoñecemento oficial no futuro.

A Deputación, con presenza no Forum do Camiño dende o pasado domingo e ata o martes 12 de febreiro, promociona o Camiño Francés, o Camiño Primitivo, o Camiño do Norte e o Camiño de Inverno, xunto cos recursos patrimoniais, gastronómicos e histórico-culturais dos concellos que atravesan, practicamente a metade dos existentes na provincia. 

No punto de encontro entre axentes, institucións, empresas e demais profesionais vencellados ao Camiño, Vidal Vaamonde ubicou a Lugo como “gran porta de entrada a Galicia”, sen esquecer as rutas históricas sen recoñecemento oficial. Así, puntualizou que outras tres variantes están a ser documentadas: o Camiño do Mar pola Mariña lucense; a Vía Regia del Norte ou Camiño de Abres a Lugo por Meira, e a Vía Künig. 

O Camiño do Mar transcorre en paralelo ao Cantábrico atravesando toda a Mariña lucense por paisaxes costeiros e vilas mariñeiras de Ribadeo, Foz, Burela, e Viveiro. A Vía Rexia do Norte, ou Camiño de Abres a Lugo por Meira, atravesa os municipios da Pontenova, Riotorto, Meira, A Pastoriza, Pol e Castro de Rei, converxendo en Lugo co Camiño Primitivo. A Vía Künig segue o mesmo itinerario realizado polo monxe alemán homónimo en 1495, polos Concellos de Pedrafita, As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo.

Elías Valiña

Os peregrinos que chegan a través do Camiño Francés pasan polo icónico pobo do Cebreiro, onde foi ideada a frecha amarela que constitúe o símbolo universal da peregrinación. Foi o párroco Elías Valiña, orixinario de Sarria, académico consumado e gran revitalizador da ruta xacobea.

Valiña foi un pioneiro no estudo do Camiño, autor da celebrada tese de 1965. O seu traballo segue a ser referencia para o estudo das rutas, e valeulle o nomeamento de director do Xacobeo en 1985.

Ricardo Polín: “No Camiño Primitivo prima a visión comercial sobre a identidade”

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...