InicioSociedadeContinúa a tendencia á baixa en Lugo, con 69 casos activos

Continúa a tendencia á baixa en Lugo, con 69 casos activos

Tan só o HULA conta con pacientes positivos: tres na UCI e un en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores 20 de maio un total de 69 casos activos, tres menos ca onte. En canto aos hospitias, tan só o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) acolle pacientes de coronavirus. 

En concreto, tres persoas continúan na Unidade de Coidados Intensivos do HULA e outra está hospitalizada en planta. O resto de positivos, 65, permanecen nos seus domicilios.

Non se rexistran cambios no número de falecementos na provincia (27 dende o inicio da pandemia) e as altas ascenden ata as 837.

GALICIA

​No tocante ao conxunto da comunidade galega, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.063 e rexistráronse 608 falecementos (+1 nas últimas 24 horas). Asemade, un total de 9.411 xa se recuperaron. O número de PCR realizadas é de 128.856.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...