InicioSociedadePersoal de banca reivindica nunha protesta en Lugo a recuperación salarial

Persoal de banca reivindica nunha protesta en Lugo a recuperación salarial

A mobilización foi convocada por CIG-Banca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Medio centenar de traballadores de banca participou este xoves na cidade de Lugo na xornada de mobilizacións pola “recuperación salarial, contra a presión comercial e a subida dos obxectivos no sector”. Así protestaron, tras a convocatoria de CIG-Banca que escolleu este lema, ante as sedes de distintas oficinas bancarias na cidade de Lugo, tanto de dentro de murallas como de fóra.

A delegada de CIG, Paula Mosquera, explicou que o que reivindican é “que a presión comercial se modere porque cada vez temos máis presión, os convenios non fixan cláusulas de revisión, sobe o IPC e non revisan os salarios a pesar de que os beneficios son maiores”.

Paula Mosquera, ademais de participar nas protestas na mañá deste xoves, acudiu a un xulgado do Social, ao número dous de Lugo, por unha denuncia interposta por ela mesma contra a oficina de Abanca no municipio da Pobra do Brollón, onde traballa.

Ela pedira unha “adaptación da xornada” que a permita conciliar, ten un fillo pequeno, e “non ter que reducir xornada ou reducir soldo” dado que precisamente a redución de xornada supúxolle “reducir” o salario.

“Pido adaptar a xornada de maneira que poida cambiar e cumprir co meu traballo. Eu traballo na oficina, atendo o público. Ábrese ás 8,00, aínda que ao público ás 8,15 (da mañá), pechamos a porta ás 14,15 aínda que saímos ás 14,30. Eu o único que solicitou é non ter que traballar as dúas tardes que temos a cambio de facer unha hora máis, de dúas e media a tres e media (da tarde)”, precisou.

Tras o xuízo, no Xulgado do Social de Lugo, esta traballadora sinalou que cre que “saíu ben”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...