InicioDeportesO C.B. Breogán comezará a Liga Endesa o domingo 30 de setembro...

O C.B. Breogán comezará a Liga Endesa o domingo 30 de setembro ás 17 horas

O club tamén presentou a equipación da marca Hummel, que viste ao equipo por segunda tempada consecutiva, para a vindeira Liga ACB

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán comezará a Liga ACB 2018-2019 o domingo 30 de setembro a partir das 17 horas contra o Club Joventut de Badalona en partido televisado por Movistar Deportes.

Mañá martes, daranse a coñecer tódolos horarios da primeira volta.

Por outra banda, o Breogán presentou hoxe a súa nova equipación da marca Hummel, que viste ao club por segunda tempada consecutiva, co patrocinio de “Estrella Galicia”, “Cafés Candelas”, “Lugo cambia” e “Abanca”. 

O Breogán confirmou oito fichaxes: o base-escolta Aleksandar Cvetkovic, o escolta Lucio Redivo, o aleiro Romaric Belemene, o aleiro Tarence Kinsey, así como os pívots Alec BrownEmir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista)Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Cvetkovic, Lucio Redivo, Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, o novo segundo adestrador é Óscar Lata. e o terceiro técnico é, por segunda tempada consecutiva, Pablo Abuín.

 

 

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...