InicioDeportesO Club Baloncesto Breogán comezou a pretempada

O Club Baloncesto Breogán comezou a pretempada

A primeira sesión contou coa presenza de Sergi Quintela, que previsiblemente irá cedido, e a ausencia de Volodymyr Gerun, que chegará o venres

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán iniciou esta mañá os adestramentos de cara a vindeira tempada en Liga ACB. As sesións comezaron ás 9:30 horas no Pazo dos Deportes cunha sesión primeiramente no ximnasio e posteriormente en pista. Estiveron presentes tódolos xogadores, incluso o base-escolta Aleksandar Cvetkovic, recente fichaxe, a excepción do pívot Volodymyr Gerun, que chegará o venres. O escolta lucense Sergi Quintela tamén formou parte do adestramento, aínda que previsiblemente marchará cedido. A partir das 18 horas, completaron a segunda sesión do día. Mañá xoves adestrarán únicamente ás 10 horas con “sesión longa con carga física e traballo de pista”, o venres traballarán pola tarde e o sábado novamente pola mañá.

O Breogán confirmou sete fichaxes: o base-escolta Aleksandar Cvetkovic, o escolta Lucio Redivo, o aleiro Romaric Belemene, así como os pívots Alec BrownEmir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista)Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Cvetkovic, Lucio Redivo, Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

O Club Baloncesto Breogán recibirá no Pazo dos Deportes de Lugo ao Club Joventut de Badalona na primeira xornada da Liga ACB 2018-2019, que está prevista entre o xoves 27 e o domingo 30 de setembro. 

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...