InicioDeportesO CD Lugo move ficha: Borja Domínguez vestirá a camisola albivermella ata...

O CD Lugo move ficha: Borja Domínguez vestirá a camisola albivermella ata o 2022

O centrocampista vigués convértese na primeira fichaxe, logo de rematar o contrato que este mantiña co Alcorcón

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O CD Lugo anunciou este martes a fichaxe do centrocampista galego Borja Domínguez, que se comprometeu coa entidade lucense ata 2022 logo de finalizar a súa relación contractual co Alcorcón.

O club albivermello confirmou o acordo co xogador vigués, de 27 anos, para que forme parte do equipo  que adestrará Eloy Jiménez. Domínguez regresa a Galicia coa carta de liberdade e o seu contrato co Lugo estenderase ata o 30 de xuño de 2022 (tres tempadas).

O futbolista, primeira fichaxe do conxunto galego para a tempada 2019/20, será presentado este mércores ás 13.00 horas no Anxo Carro. O Lugo destaca del as súas “notables calidades técnicas” e valora a súa capacidade para organizar o xogo, o seu golpeo coa perna esquerda e a súa visión no céspede.

Domínguez, natural de Vigo, formouse na canteira do RC Celta, militou no Racing de Ferrol na tempada 2015/16 en Segunda B, e debutou na categoría de prata co Córdoba na primeira parte do curso 2016/17, ano que completou co Oviedo. Posteriormente, incorporouse ao Alcorcón, ao que estivo vinculado as dúas últimas tempadas. Porén, no curso máis recente, xogou cedido no Pontevedra, de Segunda B, despois de disputar dous encontros co conxunto oleiro. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Case nove de cada dez euros para concellos do PSOE e BNG: a denuncia do PP contra a Deputación de Lugo

O reparto dos fondos da Deputación de Lugo a través de convenios cos concellos...

Tomé, convocado por “erro” á xunta de portavoces provincial para asinar a declaración contra a violencia de xénero

A sinatura da declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da...

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...