InicioCulturaIzal, M-Clan, Amaral, Dorian e Baiuca actuarán nas Noites Caudal Fest de...

Izal, M-Clan, Amaral, Dorian e Baiuca actuarán nas Noites Caudal Fest de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Izal, M-Clan, Amaral, Dorian e Baiuca encabezan o cartel das Noites Caudal Fest de Lugo, que terá lugar do 3 ao 20 de setembro e que se celebrará con aforamento reducido para cumprir os protocolos sanitarios.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo director do evento, Iván Méndez, presentaron este venres a programación deste ciclo de concertos que contará con actuacións gratuítas.

A rexedora explicou que, tras dúas “exitosas” primeiras edicións nas que miles de persoas achegáronse a Lugo para gozar da “última gran festa do verán”, este ano o Caudal Fest se reinventa para cumprir coas esixencias sanitarias marcadas pola pandemia.

Deste xeito, se aposta por un formato máis reducido para cumprir cos protocolos sanitarios pero, ao tempo, mantendo vivo o espírito do festival e axudando tamén á industria cultura, “unha das máis afectadas pola crise sanitaria”.

En total, serán 12 actuacións de artistas nacionais e galegos que contarán cun aforamento máximo de 800 persoas, distribuídas en formato teatro con cadeiras, e cun espazo de 3 metros cadrados por persoa, garantindo a distancia mínima de 1,5 metros entre cada asistente.

Os escenarios estarán situados en dúas localizacións da cidade: A Praza de Augas Férreas e o recinto do Auditorio Municipal Gustavo Freire. O acceso do público realizarase por fases, controlando a temperatura dos asistentes.

LUGO, “DESTINO SEGURO”

Por outra banda, Lara Méndez, e o edil Álvaro Santos, visitaron este venres a campaña itinerante da Xunta ‘Galicia, destino seguro’.

Unha visita na que a alcaldesa incidiu na importancia de “potenciar un turismo en Lugo seguro e acorde co modelo de cidade” polo que o Concello aposta”, baseado na sustentabilidade, máis amable e próximo ás persoas.

+ posts

ÚLTIMAS

Celtica Pipes Rock! e Grimorium súmanse á música do Arde Lucus xunto a Abraham Cupeiro

Celtica Pipes Rock! e Grimorium incorporáronse á programación musical do Arde Lucus xunto a...

Miguel Fernández lembra que o parque canino foi “arrincado” á Xunta polo anterior goberno local de Lugo

  O portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, denunciou hoxe...

Convocadas 17 prazas de bombeiro pola vía de urxencia no Concello de Lugo

A Xunta de Goberno Local extraordinaria e urxente celebrada este venres no Concello de...

Combater a desinformación: Deputación e CPXG impulsan 20 obradoiros en concellos da provincia

  A Deputación de Lugo e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poñerán en...