InicioPolíticaAs eleccións autonómicas non se celebrarán o vindeiro 5 de abril

As eleccións autonómicas non se celebrarán o vindeiro 5 de abril

A Xunta e os principais partidos políticos decidiron aprazar os comicios por mor da pandemia do coronavirus, pero aínda non se concretou unha nova data.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e os principais partidos políticos galegos coincidiron este luns en que as eleccións galegas convocadas para o próximo 5 de abril teñen que ser aprazadas por mor da situación xerada na comunidade pola crise sanitaria do coronavirus. Con todo, non hai acordo sobre unha nova data.

Todos os partidos galegos mostráronse xa partidarios do adiamento, aínda que había matices en relación ao prazo dunha nova convocatoria. A decisión en Galicia ratificarase despois de que este mesmo luns Euskadi tomase a mesma determinación. No País Vasco optouse por unha suspensión sen data para os novos comicios. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...