InicioMovementos sociaisPiden precisar a data de peche das Pontes para "reconducir o emprego"

Piden precisar a data de peche das Pontes para “reconducir o emprego”

A plataforma ecoloxista 'Galicia, un futuro sen carbón' esixe a fin das centrais de carbón de Meirama e As Pontes en 2025

PUBLICADA O

- Advertisement -

A campaña #ApagaOCarbón esixiu ante a central de Endesa nas Pontes unha data de peche firme para estas instalacións e as de Meirama, responsables “dun terzo” das emisións de dióxido de carbono en Galicia.

A protesta, convocada pola plataforma Galiza, un futuro sen carbón, forma parte da alianza europea Europe Beyond Coal. “Demandamos do Goberno de España unha data de peche, porque España é o único país de Europa occidental que non a ten, Francia en 2021, Reino Unido, Italia, Irlanda en 2025, Portugal en 2030 e España non, e iso non permite planificar incluso unha solución para os traballadores que queden sen emprego”, explicou Manoel Santos, un dos impulsores de acción reivindicativa.

Dende a organización inciden na necesidade de que se planifique o cambio cara ás enerxías renovables, para poder reconducir o emprego que se destruiría. “Se agora pomos unha data, 2025, hai tempo para reconducilo, hai casos de éxito en Europa con renovables, novas tecnoloxías”, agregou. O plan do executivo central pasa por non prolongar a vida útil alén de 2030 no caso das Pontes, mentres que o máis probable é que Meirama peche en 2020.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...