InicioLugo e contornaLugo'Arredor do Té', conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

O ritual do té constitúe un símbolo de hospitalidade, encontro e diálogo, converténdose neste caso nun espazo para compartir experiencias e achegar á cidadanía unha realidade que continúa afectando a miles de persoas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo organiza unha nova sesión do ciclo de conversas ‘Arredor do té’, unha iniciativa de sensibilización social que permitirá á cidadanía coñecer de primeira man a realidade do pobo saharauí e a situación das persoas refuxiadas nos campamentos de Tinduf, en Alxeria.

A actividade celebrarase no Centro de Convivencia de Fingoi o martes 16 de xuño ás 17.00 horas e contará coa participación de activistas saharauís que compartirán as súas experiencias e testemuños sobre as condicións de vida da poboación refuxiada, así como sobre o papel das mulleres na organización social e na resistencia do pobo saharauí.

O encontro enmárcase na conmemoración do Día das Persoas Refuxiadas e ten como obxectivo fomentar o coñecemento, combater a desinformación e promover a reflexión sobre cuestións relacionadas cos dereitos humanos, a cooperación internacional e a interculturalidade.

O nome da iniciativa fai referencia a unha das tradicións máis arraigadas da cultura saharauí. O ritual do té constitúe un símbolo de hospitalidade, encontro e diálogo, converténdose neste caso nun espazo para compartir experiencias e achegar á cidadanía unha realidade que continúa afectando a miles de persoas.

A través desta actividade, o Concello de Lugo reafirma o seu compromiso coa sensibilización social, a cooperación e a promoción dos valores de solidariedade, respecto e convivencia entre culturas.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...