InicioPolíticaInician en Pastoriza o estendido do aglomerado na estrada de Meira a...

Inician en Pastoriza o estendido do aglomerado na estrada de Meira a Fonmiñá

A Deputación de Lugo vén de iniciar o estendido do aglomerado en quente na estrada provincial LU-P-3006, que comunica os municipios da Pastoriza e Meira por Fonmiñá

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputación de Lugo vén de iniciar o estendido do aglomerado en quente na estrada provincial LU-P-3006, que comunica os municipios da Pastoriza e Meira por Fonmiñá. Os traballos desenvolveranse nun tramo de máis de 800 metros, entre o límite co concello meirego e o lugar de San Miguel, na parroquia de Fonmiñá, co obxectivo de reforzar a seguridade e a comodidade da circulación.

Trátase dunha estrada moi importante para a veciñanza de ambos municipios, porque conecta a N-640 – á altura da Pena- e a LU-122, unha estrada fundamental para a conexión da Chaira coa Mariña. Ademais dá servizo a explotacións gandeiras, conecta directamente co polígono industrial de Meira, no que se atopan establecementos hostaleiros e diferentes negocios, e dá acceso ao centro de saúde de Meira.

Os traballos inclúen a reapertura de cunetas, a pavimentación do firme con aglomerado en quente e o repintado da vía mediante marcas reflexivas brancas. A actuación afecta ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 1,120 e 1,935. A empresa Cholo SL é a encargada da súa execución, cun prazo previsto de mes e medio e un investimento de preto de 50.000€.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...