InicioSucesosCondenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A sentenza considera probado que ambos mantiñan no momento dos feitos unha relación sentimental de convivencia e que nunha ocasión o agarrouna polo brazo, arrastrouna polas escaleiras e golpeouna dándolle lapotes no costado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home por un delito de malos tratos de obra no ámbito da violencia de xénero por coller do brazo á denunciante e golpeala cando eran parella sentimental, pero exímeo dos cargos de violación polos que se lle pedían 18 anos.

A sentenza considera probado que ambos mantiñan no momento dos feitos unha relación sentimental de convivencia e que nunha ocasión o agarrouna polo brazo, arrastrouna polas escaleiras e golpeouna dándolle lapotes no costado.

A denunciante, que declarou tras un biombo no xuízo celebrado en maio, asegurou que o acusado a obrigaba a manter relacións sexuais sen protección e que exercía presión verbal cando ela se negaba, engadindo que “se puña violento”.

Os maxistrados indican que, do resto de probas practicadas, “tampouco se extraen elementos que, cun mínimo rigor, apoien o relato da denunciante, en canto a que se vise forzada polo acusado a manter relacións sexuais, empregando a forza ou intimidándoa dalgún modo”.

Pola súa banda, o acusado negara os feitos durante o xuízo asegurando que un dos episodios produciuse cando a muller chegou ao domicilio baixo os efectos do alcol e que as lesións foron porque caeu diante da porta.

Ademais, do ano de prisión, a sala imponlle a privación do dereito á tenencia e porte de armas durante tres anos e a prohibición de aproximarse á vítima e de comunicarse con ela por calquera medio durante tres anos. En concepto de responsabilidade civil, deberá indemnizar á afectada con 600 euros, unha cantidade moi inferior aos 50.000 euros que solicitaba a acusación particular, 30.000 a Fiscalía. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...