InicioSociedadeO XXI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade celebrarase entre...

O XXI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade celebrarase entre o 17 e 19 de setembro

O encontro recupera a presencialidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes na presentación do XXI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade, que se celebrará entre os días 17 e 19 de setembro.

A cita recupera a presencialidade tras celebrarse en 2020 en modalidade telemática, con demostracións en vivo, puntos de venda artesanais e con protocolo Covid adaptado á situación sanitaria.

Doutra banda, a Deputación apoia a proxección do Camiño de Santiago ao seu paso pola comarca de Sarria coa contratación dun guía turístico a partir dunha axuda económica, que atenderá no local do colectivo Amigos do Camiño de Santiago.

Así se recolle no convenio subscrito por Tomé Roca e o presidente desta asociación, Jorge López, que dispón dunha subvención de 3.000 euros para este fin.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...