InicioSociedadeOs Beléns de Momán e Labrada, un berro contra o desmantelamento do...

Os Beléns de Momán e Labrada, un berro contra o desmantelamento do rural

Estes dous Beléns non son dous Beléns calquera. A crítica social atravesa a súa construción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un ano máis, a capela de San Antón, en Momán, acollerá un belen reivindicativo co que a veciñanza quere lembrar nestes días as principais carencias ou problemas da sociedade na que vivimos.

O Belén de Momán non é, daquela, un Belén calquera. A través das súas figuras e do espazo que recrea, esta representación fala de cuestións que atinxen a toda a contorna social. Unha delas é a do despoboamento do rural. A xeito de reivindicación, neste ano o Belén incluirá aldeas abandonadas. E ademais, tamén estarán presente a preocupación polo medio ambiente e mais a loita contra a discriminación racial. Non queda aquí a cousa: algunhas figuras tamén se queixan ante o Castelo de Herodes da falta de escolas e de atención sanitaria nos espazos rurais e lembran que hai vivendas de sobra.

Algo semellante teñen preparado en Labrada. Nestoutra parroquia tamén se vive o Nadal lembrando os principais problemas da sociedade. Neste caso, un prezo xusto polo leite dos gandeiros e gandeiras e un gran espazo dedicado á violencia de xénero. O terceiro gran tema serán os dereitos do rural ao reivindicar máis axudas e menos impedimentos para poder vivir nestes lugares.

Ademais, xunto ao nacemento de Labrada recóllense alimentos para a cociña económica de Ferrol.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...