InicioSociedadeVilalba presume de queixo a nivel internacional

Vilalba presume de queixo a nivel internacional

O queixo de San Simón da Costa salienta na gastronomía e supera as expectativas no mercado internacional

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concello de Vilalba pode presumir de queixos por cantidade, variedade e calidade pero un dos máis coñecidos é o de San Simón da Costa, un queixo de vaca afumado e con forma de punta de bala.

Esta variedade está ano tras ano superando as expectativas e así nolo traslada o secretario do Consello Regulador da D.O., Ángel Ramil. Segundo nos indica, no ano 2016 certificáronse 495.206 unidades e no 2017 a cantidade chegou a 515.998. E se falamos de exportacións, os quilos de queixo enviados ao exterior aumentaron nun 25 %; no 2016 exportáronse 39.654 quilos e no 2017 uns 49.706.

Os números falan por si sos pero tamén os premios acadados, que son moitos estes últimos anos. Por destacar un recente, o da queixería Don Crisanto que acadou no 2017 o premio de “Primeiro queixo de España” e non só por ser o primeiro na súa categoría se non por ser recoñecido como o mellor queixo de todas as categorías, o mellor dos mellores para entendernos.

Actualmente hai dez queixerías na D.O. e a nivel internacional os países que máis consumen San Simón son actualmente EE.UU.. Dinamarca e Australia.

Este éxito foi referendado na recente Festa do Queixo de San Simón da Costa, que contou con profesionais de prestixio coma Jorge Gago, premio ‘Cociñeiro Novo 2017’, a chef María Varela e tamén Yayo Daporta, quen dende os seus comezos emprega este queixo en guarnicións e cremas, e ostenta no seu restaurante unha Estrella Michelín dende 2008.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...