InicioPolíticaSenadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez "concretar prazos" para reparacións...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

O PP denuncia que "o pavimento presenta buratos e firme desfeito que dificultan a circulación e supoñen un risco para a seguridade viaria"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que “non concrete prazos” sobre os labores de conservación do firme no tramo da N-6 en Cruzul, en Becerreá.

Segundo trasladaron nunha nota de prensa, os representantes populares na Cámara Alta explicaron que en resposta a unha pregunta do PP o Executivo “negouse a ofrecer unha data”.

En concreto, o tramo afectado sitúase entre os puntos quilométricos 464+700 e 467+200, unha zona na que, tal e como denunciou o PP, “o pavimento presenta buratos e firme desfeito que dificultan a circulación e supoñen un risco para a seguridade viaria”.

Así, os senadores criticaron que o Goberno “recoñece na súa resposta oficial” que a vía “necesita actuacións” e esperan que “Sánchez cumpra coa súa obrigación de manter en boas condicións as estradas da súa titularidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...