InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo critica as palabras de Arroxo sobre o 'carril...

O PP de Lugo critica as palabras de Arroxo sobre o ‘carril bici’

Desde o PP reclaman transparencia, información e consenso coa cidadanía para poder aplicar decisións como a relativa ao PMUS

PUBLICADA O

O Grupo Municipal do PP en Lugo criticou as declaracións do tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, quen asegurou que “mentres leve Mobilidade non haberá máis carrís bici segregados”. Desde o PP local sinalan que as palabras de Arroxo non poden estar por riba do que está aprobado oficialmente e por escrito.

Nunha nota de prensa, os ‘populares’ lucenses lembran que o Concello de Lugo, gobernado por PSOE e BNG, aprobou un Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). “E un PMUS non é unha opinión nin unha intención política: é un documento de planificación de obrigado cumprimento que ordena a mobilidade da cidade“, sinalan.

Ademais disto, apuntan que no caso de contradición co Plan Xeral prevalece o PMUS segundo figura no Artículo 150.2. que indica: se existiran incongruencias esenciais entre o Plan de Mobilidade do Concello e o Plan Xeral, prevalecerá aquel e se modificará este”.

Así, segundo se explica na nota de prensa, o que vincula legalmente “non é unha declaración puntual, senón o documento aprobado, que contempla a ampliación da rede ciclista ata os 47,4 quilómetros”.

Se a única garantía de que o PMUS non se execute é a palabra do señor Arroxo, convén lembrar dous feitos moi claros Diante destas circunstancias, o PP de Lugo lembra que o 26 de decembro o tenente de alcalde “afirmou que o PMUS estaba aprobado de forma definitiva”. Posteriormente, logo da admisión do recurso presentado polo PP no TSXG, o Concello tivo que abrir un novo prazo de exposición pública que finaliza o 18 de marzo.

Doutra banda, o PP local quere deixar claro que os documentos aprobados “permanecen” aínda que os departamentos, como Mobilidade, “cambien de mans”. Por último, reclaman transparencia, información e consenso coa cidadanía para poder aplicar decisións como a relativa ao PMUS.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...