InicioTerra CháVilalbaO PP de Vilalba di que non hai efectivos da Policía Local...

O PP de Vilalba di que non hai efectivos da Policía Local durante o día

Os populares subliñan que se trata dun “servizo municipal esencial”, pero que na actualidade non dispón de tódalas quendas cubertas. “É inconcibible que o Concello non tome medidas para garantir o servizo da Policía Local”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os concelleiros do Partido Popular de Vilalba denuncian a imposibilidade de contactar coa Policía Local: “despois de chamar en numerosas ocasións ao longo dunha hora, ninguén contestou ao teléfono”. Nese sentido, amosan a súa preocupación porque “pode que haxa veciños e veciñas que precisen acudir ao servizo, pero que non se poida prestar”.

Os representantes do PP vilalbés lembran que “xa fora desmantelada a quenda e de noite” e lamentan que, “polas decisións da alcaldesa socialista, Vilalba tarde en cubrir as prazas vacantes de efectivos da Policía Local”.

Con anterioridade, os representantes ‘populares’ xa apuntaran que “a rexedora socialista decidiu sacar a concurso novas prazas para o servizo de Policía Local con medios propios do Concello e gastando os recursos dos vilalbeses en lugar de recorrer, coma o resto dos Concellos, a Axencia Galega de Seguridade Pública (AGASP) a coste cero para Vilalba”.

A Xunta publicaba no DOG a convocatoria do proceso selectivo para cubrir máis dun cento de prazas para os corpos de policía local en 40 concellos galegos, “pero en Vilalba o procedemento ralentízase durante varios anos pola decisión da alcaldesa” de forma que “se tardará moito en chegar a cubrir efectivamente as prazas” facendo que “os vilalbeses non dispoñan dun servizo esencial en materia de seguridade como é a Policía Local”, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...