InicioTerra CháVilalbaAbre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A institución provincial comezará agora outras obras para a mellora do firme nun tramo de seis quilómetros desta estrada, unha actuación que forma parte dun proxecto máis amplo que inclúe, ademais, a rehabilitación doutro treito ao inicio da LU-P-3402, que conecta A Gañidoira coa parroquia do Viveiró cun orzamento de 250.000€

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa, tras o arranxo dunha ponte no termo municipal de Muras. A circulación quedou restablecida esta mañá, apenas unhas semanas despois do inicio dos traballos de reparación da infraestrutura, que colapsara á altura do quilómetro 22,2 a causa dos fortes temporais.

As obras contaron cun investimento da institución provincial que superou os 27.000€. O proxecto incluíu, por unha parte, na desmontaxe e demolición da antiga ponte, e por outra as actuacións necesarias para a construción da nova: saneo do terreo, cimentación, colocación dos marcos prefabricados, execución dunha soleira empedrada na parte interior e impermeabilización da exterior, execución dun sistema de drenaxe e aletas, reconstrución do firme e instalación de barreiras de seguridade.

Situada entre a Terra Chá e o sistema montañoso do norte da provincia, esta estrada é moi importante para a comunicación de varias parroquias do rural de Muras e a súa conexión con Vilalba. Nesta zona da provincia, sen alternativas directas, os desvíos obrigan á veciñanza a percorrer máis quilómetros, polo que a actuación da institución provincial permitirá reducir os tempos de desprazamento e reforzar a seguridade viaria nunha zona de baixa densidade de poboación e gran dispersión.

Mellora de seis quilómetros do firme

A institución provincial comezará agora outras obras para a mellora do firme nun tramo de seis quilómetros desta estrada, unha actuación que forma parte dun proxecto máis amplo que inclúe, ademais, a rehabilitación doutro treito ao inicio da LU-P-3402, que conecta A Gañidoira coa parroquia do Viveiró cun orzamento de 250.000€

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...