InicioTerra CháVilalbaOs pais dun alumno con trastorno do espectro autista denuncian discriminación ao...

Os pais dun alumno con trastorno do espectro autista denuncian discriminación ao menor nun instituto de Vilalba

Aínda que o alumno "ten un bo rendemento académico" e non presentou problemas anteriormente, os pais denuncian que este pasado curso uno dos seus profesores manifestou o rexeitamento a pór en práctica "as medidas de atención á diversidade" que necesita o mozo e que marca a propia consellería.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pais dun alumno lucense diagnosticado con Síndrome de Asperger –Trastorno do Espectro Autista (TEA)– e Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH) denunciaron este mércores o “trato discriminatorio” e “incorrecto” que sufriu o seu fillo este curso no instituto Basanta Silva de Vilalba.

Segundo narraron, o mozo, que cursou primeiro de Bacharelato, está diagnosticado desde 2014 e conta cun informe de intervención elaborado por unha especialista do Equipo de Orientación Específico da Consellería de Educación, que establece para el certas adaptacións e apoios na aula, sobre todo relacionados con “as áreas nas que ten máis dificultades”, como a organización ou a psicomotricidade fina.

Aínda que o alumno “ten un bo rendemento académico” e non presentou problemas anteriormente, os pais denuncian que este pasado curso uno dos seus profesores manifestou o rexeitamento a pór en práctica “as medidas de atención á diversidade” que necesita o mozo e que marca a propia consellería.

Os pais aseguran que a actitude do docente cara ao seu fillo foi negativa desde o inicio do curso, “minusvalorándolo” e “prexulgando a súa capacidade”. A petición dos proxenitores, fóronlles enviados os criterios de avaliación do alumno, onde comprobaron que o docente “lle baixou a cualificación en aspectos que son propios do seu diagnóstico”, aseguran.

Penalízao por non planificar, por non resolver os seus propios problemas, por despistarse con moita frecuencia, por preguntar moitas veces, por chegar tarde, por canturrear, por falar só... penalízao, en definitiva, por cuestións inherentes á súa condición de persoa con autismo”, destacan.

Ante o que consideran unha actitude “non correcta” co estudante, os pais presentaron varias queixas na Inspección Educativa de Lugo e, tras unha reunión no mes de abril, propúxose que se incorporase un profesor á aula para supervisar o comportamento do docente, algo que aceptaron.

Con todo, o instituto, nunha primeira reunión, comunicoulles que ese reforzo “non se podía executar por falta e medios humanos”, afirman os pais. Nun segundo encontro, posteriormente, “reconsidérase” esta decisión, aínda que “hai un intento por parte do centro de revisar todos os feitos e condutas do docente”, chegando “a cuestionar a actitude do menor” e a “culpabilizar” aos seus pais, denuncian.

Finalmente, os pais presentaron unha denuncia en Inspección Educativa para que se investigue o sucedido tanto en relación a este profesor como no relativo á actitude do centro.

Así mesmo, decidiron facer público o caso porque “a situación segue sen resolverse” e senten “moi preocupados” polo próximo curso. Reclaman tamén unha reunión co xefe territorial de Educación.

EDUCACIÓN

A Consellería de Educación, pola súa banda, asegurou que mantén aberto o diálogo e o contacto coa familia de Vilalba. En concreto, Educación confirmou que tanto a consellería como a dirección do centro “deseñaron ao longo do curso unha atención específica a este alumno atendendo ás súas características e necesidades e enfocada ao máximo aproveitamento académico do neno”.

Así mesmo, explicaron as mesmas fontes, “mantense un diálogo coa familia”, que foi recibida en dúas ocasións pola Inspección Educativa, “para tratar de axustar solucións ás situacións detectadas e así se seguirá facendo”, por exemplo coa reunión solicitada este mércores, “que será atendida”.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...