InicioTerra CháVilalbaO capón de Vilalba volve ser un "éxito" tras dous anos de...

O capón de Vilalba volve ser un “éxito” tras dous anos de pandemia

Dos 1.250 exemplares que se puxeron a venda, practicamente vendéronse todos tanto os presenciais coma os que se enviaron con anterioridade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, mostrouse “satisfeita” e cualificou de “éxito” a feira do capón que se celebrou este martes, na que se comercializou a práctica totalidade dos 1.250 exemplares que se puxeron á venda.

Para a feira do capón, aclarou, “estaban inscritos 1.250 exemplares e practicamente vendéronse todos, os presenciais e os que se enviaron con anterioridade”.

“Foi un éxito e este ano foi un ano excepcional pola pandemia e tamén esa convocatoria da folga do transporte, que finalmente se desconvocou, que afectaba directamente a un produto que é moi delicado”, puntualizou.

Elba Veleiro constatou que a “media” do que se pagou por exemplar situouse finalmente “sobre os 100 euros“, aínda que algún puido quedar sobre os 90.

A alcaldesa de Vilalba lembra que todo iso “depende do peso“. De feito, unha vendedora acreditoulle que vendeu un exemplar por 150 euros, mentres que os demais entre 100 e 120 euros. Cada exemplar de capón pesa “sobre 5 ou 6 quilos”, a media dos capóns de Vilalba é de 6 quilos.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...