Home Sucesos Interceptado en Vilalba un condutor que case triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida

Interceptado en Vilalba un condutor que case triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida

0
Interceptado en Vilalba un condutor que case triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida
Probas de alcol en sangue realizado cun alcolímetro / Garda Civil

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un condutor interceptado na autovía AG-64 ao seu paso por Vilalba por case triplicar a taxa máxima de alcoholemia permitida.

Segundo informou o Instituto Armado, trátase dun veciño de Viveiro de 46 anos de idade, investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade colectiva. Nun punto de verificación de alcoholemia realizouse unha proba cun etilómetro de precisión á persoa investigada, que obtivo positivo de 0,73 mg/l en aire expirado. A persoa investigada en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

+ posts