InicioSociedadeAs cabalgatas de Reis reinvéntanse, con visitas dos Magos parroquia por parroquia

As cabalgatas de Reis reinvéntanse, con visitas dos Magos parroquia por parroquia

O Concello de Lugo tamén propón unha Noite de Reis vía streaming para poder seguir celebrando o Nadal na casa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As restricións vinculadas á pandemia non poderán coa ilusión das crianzas, que agardan con ansia a chegada dos Reis Magos. As tradicionais cabalgatas do 5 de xaneiro reinventaranse en distintos puntos da provincia, como Lugo capital, Vilalba ou Sober.

As nenas e nenos lucenses poderán gozar dunha cabalgata “estática e segura“, tal e como detallou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, quen indicou que non se repartirán caramelos. Os Reis recibirán aos nenos entre as 11,00 e as 14,00 horas deste martes na praza Horta do Seminario e, entre as 17,00 e as 20,00 horas, na praza de Augas Férreas.

Ademais, a área de Xuventude do Concello propón unha Noite de Reis electrónica a través do streaming con música do DJ lugués Marcos Peón. O obxectivo é facer posible que o Nadal se poida seguir celebrando na casa, sen aglomeracións.

DE RUTA POLAS ALDEAS

En Vilalba, os tres Magos percorrerán once parroquias e mailo casco urbano para saúdar ás máis cativas. A ruta iniciarana ás 12:00 horas e pasarán polas Casas Escola de Árbol, Torre e San Simón; Román, Tardade e Lanzós; Goiriz, Santaballa e Nete; e Samarugo e Oleiros. Rematarán polas rúas da localidade vilalbesa.

Desta volta non haberá recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar. Tampouco se entregarán agasallos dado o contexto sanitario actual.

Unha alternativa semellante é a que atoparon en Sober, municipio no que os Reis tamén visitarán os nenos parroquia a parroquia.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...