InicioSociedadeO alcalde de Castro de Rei pide unha orde de afastamento a...

O alcalde de Castro de Rei pide unha orde de afastamento a un veciño por acoso

O veciño de Castro de Rei leva acosando ao alcalde dende 2011, cando este accedeu ao poder.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castro de Rei, o popular Francisco Balado, solicitou unha orde de afastamento á Garda Civil a un veciño do municipio, José Teijeiro, que o “acosa” desde 2011 por “razóns políticas”.

O rexedor castrense recoñeceu que se atopa “recuperándose do susto” tras un encontro violento que tivo lugar a última hora da tarde do sábado con este individuo. Segundo relatou o afectado, nese momento ían paseando o alcalde e o seu pai pola localidade de Castro Ribeiras de Lea, cando viron que este individuo “metíase no canellón onde está o despacho profesional” de Balado.

“Achegámonos a el e recriminámoslle por que se metía connosco, ao que reaccionou de forma violenta, tentando atacarnos, polo que lle tentei suxeitar as mans”, narrou á prensa o alcalde. Despois da lea, Balado terminou con “unha puñada na mandíbula”, e a “rotura dun cristal das lentes”.

DESDE 2011

Segundo contou o rexedor castrense, este é soamente o último episodio dun “acoso” que leva sucedendo desde 2011, “uns meses despois da súa chegada á alcaldía”.

O alcalde de Castro relatou que José Teijeiro consideraba que a súa presenza á fronte do Concello era un “impedimento para que el puidese atopar traballo e ser unha persoa libre”. Por iso, uns meses máis tarde “instalou uns altofalantes no seu vehículo para proferir descualificacións contra o alcalde e os políticos do Partido Popular”, tal e como sinalaron os veciños de Teijeiro na parroquia de San Martiño de Goberno.

“VIXILANCIA CONSTANTE DO ALCALDE”

Máis tarde, en 2014, este individuo “presentouse na alcaldía” e empezou a “ameazar directamente” a Balado”, polo que o rexedor solicitou axuda á Garda Civil. A partir deste intre, empezou a darse unha “vixilancia constante dos pasos do alcalde”, ata que o pasado 29 de xullo apareceron cortadas as rodas do coche de Balado.

Desde ese incidente, non houbo ningún outro encontro “ata a semana pasada”, cando “raiou as portas” do vehículo do alcalde e tamén do seu pai, na localidade de Castro Ribeiras de Lea. “Tena tomada contra nós e materialízao na miña persoa”, lamentou Balado, quen tamén sinalou que este “acoso” fíxolle “cambiar hábitos de vida”, como “irse da súa anterior casa” ou “esconder o coche” para evitar danos.

“No noso cargo non vai aparellada a obrigación de aguantar ataques ou ameazas deste tipo”, indicou o alcalde de Castro.

“Nunca tiven ningún problema con ningún veciño á parte de con este individuo, que está obsesionado coa miña figura”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...