InicioSucesosPerdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A súa muller intentou facerse cargo do coche, pero tampouco tiña permiso; o vehículo foi retirado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a un condutor reincidente que perdera o seu carné por unha resolución xudicial. Foi localizado grazas a un seguimento a través dos sistemas de videovixilancia, que permitiron situar os seus desprazamentos habituais.

Segundo o parte de incidencias do Concello do fin de semana, foi un dos indicativos policiais o que solicitou apoio para levantar a denuncia tras a localización do condutor. O home, que viaxaba acompañado da súa muller e o seu fillo, foi plenamente identificado e procedeuse á instrución de dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria.

A muller manifestou a súa intención de facerse cargo do vehículo, pero tampouco dispuña de permiso para conducir. Así, o coche foi retirado “para evitar riscos innecesarios e garantir a legalidade vixente”.

Ademais, a Policía Local estableceu nas noites do 11 e 12 de xullo varios controis de alcoholemia e drogas polo centro de Lugo. Así, detectou un condutor que arroxou un positivo de 0,95 miligramos por litro en aire respirado, case catro veces o máximo permitido.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...