InicioPolíticaO PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os populares sinalaron que o pasado mes de febreiro, durante a apertura do tramo entre Palas de Rei e Melide, o ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable anunciou a súa finalización para este ano 2025 e que este verán entraría en funcionamento un subtramo entre Melide e Arzúa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP de Lugo –José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano– pediron ao Goberno central que aclare se abrirá este verán un subtramo da autovía A-54 entre Lugo e Santiago. Nunha nota de prensa, os populares sinalaron que o pasado mes de febreiro, durante a apertura do tramo entre Palas de Rei e Melide, o ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable anunciou a súa finalización para este ano 2025 e que este verán entraría en funcionamento un subtramo entre Melide e Arzúa. Así, os senadores formularon unha pregunta ao Executivo central a situación na que se atopan as obras da autovía que conectará a capital lucense con Santiago.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...