InicioCulturaDavide Salvado actuará na Romaxe Artesá da Chaira de Muras

Davide Salvado actuará na Romaxe Artesá da Chaira de Muras

A terceira edición do evento, organizado polo Concello de Muras, será o 26 de maio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Muras, en colaboración coa Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Cha, impulsará unha nova edición, a terceira, da Romaxe Artesá da Chaira. O encontro cultural de música, artesanía e gastronomía será o 26 de maio, na área recreativa de A Veiga, e terá como principal reclamo a actuación de Davide Salvado, unha das voces máis carismáticas do folk galego.

Salvado ofrecerá na romaxe o froito de media vida percorrendo as aldeas á procura de ritmos, coplas e danzas e aprendendo das mulleres unha tradición musical. Ademais, O Sonoro Maxín, Ce Orquestra Pantasma -o proxecto do home-orquestra vigués César Freiria-, Cántigas e Frores e a agrupación local Axóuxere de Roupar completarán a axenda musical do evento.

Non faltarán as habituais mostras de artesanía nin dos vellos oficios, como a cantería, a cestería ou o torneado de madeira. Tamén haberá xogos tradicionais para pequenos e grandes, charlas, delicias gastronómicas e obradoiros.

A Romaxe Artesá da Chaira naceu hai tres anos para poñer en valor os antigos oficios e demostrar que no rural tamén se pode atopar un emprego e unha forma de vida. Celébrase na fermosa área recreativa de A Veiga, a carón do río Eume. Desde a primeira edición, converteuse nunha cita para os amantes da historia e da cultura de distintas zonas de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...