InicioTerra CháGuitirizA Festa da Torta de Millo de Guitiriz combinará a música e...

A Festa da Torta de Millo de Guitiriz combinará a música e tradición o vindeiro 7 de xuño

A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz participou este luns na presentación da novena edición desta cita gastronómica, que se celebrará o vindeiro 7 de xuño e contará coas actuacións de Sheila Patricia e o dúo Caamaño & Ameixeiras

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira Morandeira participou este luns na Casa da Habanera guitiricense na presentación da IX Festa da Torta de Millo, que se celebrará o vindeiro 7 de xuño no Campo da Feira e que volverá converter o municipio nun referente da gastronomía tradicional galega.

A cita conta co apoio da Deputación, que achega preto de 40.000 euros a través do Plan Deputación 2026, e ofrecerá unha programación na que se combinarán música, cultura e degustacións arredor dun dos doces máis representativos da comarca chairega.

Durante a presentación, Morandeira destacou que “a torta de millo de Guitiriz representa o sabor da tradición, pero tamén a capacidade de transformar un produto artesanal nun símbolo recoñecido dentro e fóra de Galicia”. Subliñou ademais que esta festa “é un exemplo de como a gastronomía pode converterse nun motor de promoción turística, dinamización económica e orgullo colectivo”. E engadiu a Deputada que “a combinación de cultura, música e gastronomía fai desta cita un atractivo turístico de primeiro nivel para a Terra Chá e para toda a provincia”.

Morandeira puxo tamén en valor “o traballo dos negocios e obradoiros artesáns que, xeración tras xeración, mantiveron viva unha receita única ata convertela nun dos sinais de identidade de Guitiriz”.

A programación desta novena edición contará coas actuacións de Sheila Patricia e do dúo Caamaño & Ameixeiras, dous dos nomes máis destacados da música galega actual. Ademais da tradicional degustación e venda da torta de millo, haberá obradoiros, exposicións, xogos populares e postos de polbo á feira, nunha xornada pensada para todos os públicos.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...