InicioSucesosFerida en Guitiriz logo de caer por un precipicio co coche que...

Ferida en Guitiriz logo de caer por un precipicio co coche que conducía

O accidente aconteceu na parroquia de Lagostelle, no termo municipal de Guitiriz – En vigor a alerta amarela por acumulación de xeo e neve

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida como resultado dun accidente de tráfico en Guitiriz. Trátase da única ocupante do coche que se precipitou por un barranco na parroquia de Lagostelle, contra as 20.40 horas da tarde do luns.

Foron os propios profesionais sanitarios os que alertaron do suceso, indicando que a muller implicada no sinistro se atopaba á beira da estrada. A continuación, a central do 112 Galicia alertou á Protección Civil de Guitiriz, os Bombeiros de Vilalba e a Garda Civil de Tráfico.

Alerta por xeo e neve

A zona leste da provincia de Lugo está en alerta amarela por acumulación de ata cinco centímetros de neve na Montaña, fenómeno máis intenso na zona sur. As nevaradas continuarán ata a madrugada do mércores e as precaucións deberán manterse durante toda a xornada.

Así mesmo, recoméndase circular con cautela pola formación de placas de xeo, produto da combinación da humidade e as baixas temperaturas. A Axencia Galega de Emerxencias indica que a circulación pode complicarse nas zonas de maior sombra, nas entradas e saídas de túneles, baixo pontes e pasos elevados, e nas estradas sen beiravías e con máis vexetación.

+ posts

ÚLTIMAS

Encontran restos humanos preto da vivenda dun home desaparecido en 2022 no Concello de Carballedo

Un grupo de traballadores forestais localizou o xoves restos humanos nunha zona de monte...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar...

A Deputación dá luz verde para a reconstrución da ponte de Navia de Suarna

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a...